jueves, 3 de noviembre de 2016

La vida de Brian: Pijus Magnificus





Interior do palacio, día.

P1. Travelling en retroceso que vai dende un plano medio do soldado ata un xeral de todos os personaxes que conforman a secuencia deixando ver a entrada dos romanos co protagonista do filme a rastras.
No comezo deste plano o emperador cruza o eixo óptico para chamar a nosa atención e que sen querer a nosa mirada vaya para el.
P2. Plano medio do emperador e o romano dialogando.
P3. Plano xeral. (onde quedou o final do primeiro plano).
P4. Volta ao plano medio entre o romano e o empeador, que esta vez está a mirar cara o chan (ao protagonista). Comeza o plano contra plano.
P5. Plano picado que amosa ao protagonista (Brian) axeonllado no chan.
P6. Plano medio do emperador e do romano.
P7. Plano picado de Brian.
P8. Plano de reacción do emperador, no mesmo ángulo pero un pouco mais preto.
P9. Plano de Brian.
P10. Plano de reacción do romano e corte sobre o movimiento da man ao pegarle a Brian. Match on Action.
P11. Plano xeral onde o romano continua e remata de abofetear ao protagonista.
P12. Plano de reacción do emperador. E diálogo entre el e o romano.
P13. Plano xeral un pouco mais cerca que os primeiros pero englobando á meriende dos personaxes.
P14. Plano medio do romano e do emperador.
P15. Plano picado de Brian.
P16. Plano medio do emperador e do soldado.
P17. Plano de Brian, como o de antes, no que corta (a bofetada) xusto antes de darlle.
P18. Plano xeral e final do match on action anterior.
P19. Plano do emperador e do soldado reaccionando.
P20. Plano de reacción deixando en segundo termo ao resto dos personaxes e ao emperador (que se acerca rapidamente) e cobrando importancia outro soldado que se ri do que di o emperador.
P21. Primeiro plano do emperador e do soldado que riu.
P22. Plano xeral do emperador marchando e en primeiro termo ao soldado que riu.
P23. Plano medio do emperador e do soldado de antes no que a cámara retifica do movimiento anterior que era un pouco más frontal para pasar a un máis lateral.
P24. Volta ao plano xeral onde está o soldado que ri en primeiro termo, mentres a cámara retifica cando o outro soldado vai a levalo (sube o plano).
P25. Primeiro plano de reacción de Brian que ve como se levan ao soldado por rir.
P26. Xiro da cámara sobre si mesma que segue ao emperador ata que volve ao sitio do plano anterior (plano medio).
P27. Plano xeral do emperador, Brian e dos romanos. Con pequeño acercamiento progresivo da cámara no plano.
P28. Travelling de seguimento ao emperador, que da unha volta para ir falar con outro romano. (plano medio)
P29. Novo eixo da cámara tendo un primeiro plano do emperador e como referencia ao romano.
P30. Primeiro plano do romano e nun lateral ao emperador.(contraplano do anterior).
P31. Plano medio dos dous soldados romanos.
P32. Primeiro plano do romano e do emperador que mira para os romanos de antes.
P33. Plano xeral no que se ve aos dous romanos e ao outro co emperador, que se vai acercando aos dous para pasar ao seguinte plano.
P34. Primeiro plano dos soldados co emperador entre eles.
P35. Plano xeral dos romanos e do emperador que os vai rodeando tranquilamente cunha atitude desafiante. Plano sobre dolly que retifica o angulo ao subir o emperador os escalóns.
P36. Primeiro plano de Brian, que ao ver o descontrol aproveita para marchar.
P37. Plano americano do emperador que manden a compostura mentres os soldados rin. Plano sobre dolly que volver a ratificar, ainda que menos, ao baixar dos escalóns.
A ausencia de banda sonora esta secuencia dalle un aspecto moto mis pausado e un punto cómico moito máis natural ao resaltar a voz tan característica do emperador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario